O BNG aspira a recuperar para Corcubión a categoría de referente cormarcal

Candidatura do BNG Asembleas Abertas de Corcubión
O BNG aspira a recuperar para Corcubión a categoría de referente cormarcal

O BNG presenta de cara as vindeiras eleccións unha candidatura de mulleres e homes de sempre de Corcubión, ben de nacemento, ben de asentamento. A nosa candidatura mestura a frescura da mocidade, co aval da experiencia dos veteran@s, mais todas e todos temos a as mesmas ganas e ilusión, que non é outra que a de recuperar para Corcubión a categoría de referente comarcal que tivo hai anos.

foto candidatura

Este obxectivo que é compartido por moit@s de vos, conseguirémolo grazas ao eixo fundamental da actuación do noso proxecto: a participación veciñal.

 

Presentámonos con humildade, sabedores/as das dificultades que entrañan estes tempos de crise, pero coa capacidade que nos proporcionan os anos de experiencia e o coñecemento da xestión municipal.

 

Traballaremos incansabelmente, con transparencia, axilidade e, sobre todo, para todos e todas por igual.

O BNG aspira a recuperar para Corcubión a categoría de referente cormarcal