O BNG demanda explicación polo abandono da balea no coido de Redonda

Foto Voz de Galicia
Foto Voz de Galicia
O BNG demanda explicación polo abandono da balea no coido de Redonda

O BNG presentará mocións nos concellos, así como tamén  unha iniciativa parlamentar para esixir a Xunta a creación e aplicación  dun protocolo de coordinación  retirada e rexistros de mortalidade de cetáceos

    O BNG de Corcubión quere saber  que procedementos ou protocolos aplica a Xunta de Galiza ante a presenza de cadáveres de grandes baleas no noso litoral.  A súa vez tamén pedimos explicacións de cales foron  os  motivos polos que unha balea de 19 metros foi abandonada no coído de Redonda  en Corcubión, o pasado día 16 cando Salvamento Marítimo xa a tiña amarrada para levala a un lugar no que proceder o seu oportuno tratamento de retirada.

 

Preocúpanos ver  tamén  que  Xunta se desentende no caso de Corcubión da retirada do cetáceo, e  aínda que entendemos que non é un caso de grave  contaminación, si se están a producir situacións que resultan intolerables no decoro da xestión por parte da Administración, e constatamos as  situacións discriminatorias segundo o lugar de Galiza en que se producen estes varamentos. Noutros lugares non se escatimou en medios e actuouse con suma dilixencia

 

O BNG mostrase preocupado de  que o  abandono do cadáver se está a  converter  innecesariamente nunha fonte de molesta insalubridade  para os veciños do lugar máis  próximo e é unha desconsideración a aqueles profesionais do mar que teñen que traballar nesa contorna, sen que exista nin a máis mínima preocupación nin por parte da Xunta nin por parte dos responsables municipais aos que parece que todo isto non vai con eles, e amosan unha vez máis o total desgoberno existente no grupo de goberno municipal.

 

Foto Voz de Galicia

Sendo como son de numerosos os casos de varamentos de grande cetáceos  que anos tras ano  teñen lugar en Galiza,  entendemos que  se precisa dunha acción coherente de xestión en toda a costa galega.

 

O BNG presentará mocións nos concellos, así como tamén  unha iniciativa parlamentar para esixir a Xunta a creación e aplicación  dun protocolo de coordinación  retirada e rexistros de mortalidade de cetáceos, para que non se repitan este tipo de situacións. Demandaremos tamén  que as Administracións responsables activen un protocolo específico e común de actuación, no que se estableza un cadro de mando claro que coordine os distintos departamentos administrativos que contan con competencias así coma definir  os aspectos relacionados coa operativa e despregue de medios na recollida, retirada e destino final, para o tratamento destes grandes animais, incluíndo a viabilidade da recuperación de mostras con carácter científico e museístico. Así coma dar á coñecer os rexistros de chegada e recollida deste tipo de animais ás costas galegas, e a que razón de causa de mortalidade responden, e se se adoitan medidas para reducila ou evitala.