O BNG mostra a súa procupación pola debeda do concello con Neria

O BNG mostra a súa procupación pola debeda do concello con Neria

      O BNG de Corcubión acusa ao  alcalde de  que unha vez máis, e  debido a súa  nefasta  xestión, pódese poñer ao concello ao borde da creba financeira por mor da   teima de gobernar mirando o pasado en vez de preocuparse polo presente e futuro da vila.

 

O embargo de contas feito esta semana a Asociación Neria puxo de novo de manifesto que o concello débelle a esta Asociación da que xa non forma parte, máis de 50.000 euros.

 

O BNG lémbralle  ao alcalde que cando un se fai ca alcaldía colle os activos, máis tamén  os pasivos e non pode escusarse despois de 11 anos en que é unha debeda anterior ao seu goberno.  O Concello tivo 11 anos para poñerse ao día nos seus pagos, e de pagar esta débeda ao igual que pagou outras facturas no seu día. Esto é unha mostra máis da súa neglixente xestión e da súa forma partidaria e partidista de entender a política.

 

O BNG denuncia que si o alcalde non quixo pagar esas facturas foi debido as  súas  desavinzas persoais polas que sempre se caracterizou e non  pola falta de liquidez do concello, xa que cando o BNG  deixou o concello no 2003 había en caixa despois de restar as débedas sen pagar, un remanente  positivo de  máis de 50.000 euros.  O alcalde  preferiu gastar eses cartos en pagarlle  soldos durante catro anos  ao seu compañeiro de coalición e  tenente alcalde mais a outra concelleira  no canto de pagar as débedas pendentes.

 

O BNG espera que as seguintes contas que embargue a xustiza a raíz de este caso non sexan as do concello de Corcubión, xa que de ser así suporían un golpe mortal as xa maltreita caixa do concello de Corcubión.

 

O BNG mostrase tamén moi sorprendido do interese que ten a concelleira popular en esixir o abono da débeda, sen tan sequera preocuparse polo estado financeiro no que pode quedar o concello. Sorpréndenos que antepoña os intereses de  Neria aos interese dos veciños e veciñas de Corcubión.  No BNG mostrámonos preocupados de   que este interese responda ao pasado laboral da concelleira en Neria.  No BNG botamos de menos que a concelleira do PP non sexa igual de esixente e belixerante  a hora de pedir a retirada do copago sanitario,  do medicamentazo, ou de pedir a Xunta e a Deputación un mellor trato para a nosa vila.