O alcade debe pagar do seu peto o seu abogado

O alcade debe pagar do seu peto o seu abogado

Corcubión, a 10 de abril de 2013. No pasado pleno ordinario, na dación de contas da alcaldía, apareceu unha resolución do tenente-alcalde na que resolvía que o concello asumira os gastos derivados da representación e defensa do alcalde no xuízo xurdido pola demanda de acoso laboral dun empregado municipal. O importe da factura foi de 2.178€ a favor do seu avogado o Sr.Gutierrez Aranguren, e quedou condicionada ao resultado absolutorio do mesmo. Esta cantidade ten o concepto de dilixencias previas, polo que a factura final podería ser bastante superior. Ademáis, o portavoz, Oscar Insua, preguntoulle se tamén ía asumir o concello a factura do avogado que o defende nas causas abertas pola trama da “operación orquesta”, ao que o alcalde Fº Javier Lema, respondeu que si, pois son procedementos que traen causa do exercicio de funcións vencelladas ao seu cargo, tal e como fundamenta a propia resolución 89/2013. Cabe resaltar que a resolución non contén ningún precepto legal, nin lei nin regulamento, para fundamentala, agás unha referencia á xurisprudencia.

Para o BNG, o alcalde debe asumir totalmente os custes derivados da súa defensa, por varios motivos. Primeiro porque este xuizo deriva dun expediente anterior no que a propia inspección de traballo xa determinara que si existía acoso laboral, e o acoso laboral non deriva das funcións dun como alcalde, senón como persoa, pois ser acosador non é unha competencia do alcalde recollida na lei de bases do réxime local. Segundo porque non existe base legal que fundamente e permita o pago das minutas dun avogado para defender ao alcalde pola presunta comisión dun delito. E terceiro, o propio alcalde leva 9 anos pleiteando cos traballadores, orixinando deliberadamente xuízos, moitos xuízos, por diferentes causas derivadas do día a día das relacións laborais, e todos eles pagan do seu peto os avogados, e por esta razón, se o alcalde tivera un mínimo de vergoña e un mínimo de ética política, non se atrevería nin a mencionar este tema, e menos a pagar o seu avogado con cartos de todos os veciños.

Por último, Oscar Insua, portavoz do grupo municipal do BNG manifestou que “O despilfarro do alcalde non ten límites, non lle chega con pagar o seu avogado, senon que está a pagarlle tamén a outro empregado por estar na casa. Corcubión non merece ter un alcalde que se aproveita dos recursos públicos para satisfacer os seus caprichos e rencillas persoais contra empregados municipais.

O alcade debe pagar do seu peto o seu abogado