O BNG critica o despilfarro nos orzamentos municipais de Corcubión

O BNG critica o despilfarro nos orzamentos municipais de Corcubión

Os orzamentos máis antisociais da historia de Corcubión  presentados como inamomibles polo alcalde, sin marxen de negociación  a pesar de que asegura que é importante aprobalos para non ter que  prorrogalos, aínda que  realidade é que os orzamentos xa levan 6 meses prorrogados sen que o goberno municipal tivese moita presa  por presentalos.

O BNG non comparte  o  cobro de taxas polo uso da Casa da Cultura ou do Local de Ensaio, taxas que por outro lado obrigarían ao Concello a un mellor mantemento destes locais que na actualidade non existe, e que  o Concello non ten intención de facelo, nin con taxas nin sen elas, como xa lle está a pasar ca rede Wifi que despois de gastar máis de 200.000 euros segue sen uso.  Nembargantes o Concello si que se fai cargo do mantemento gratuíto do campo de fútbol sen contrapartida algunha.

O BNG non comparte que o alcalde dispoña dunha partida de 6.000 euros para gastos xudiciais tendo á súa disposición os Servizos Xurídicos da Deputación. Cartos que se podían empregar noutros servizos como a Emerxencia Social, que nestes tempos de crise son máis necesarios que nunca a pesar de que o alcalde di que non se usan. Ante esta afirmación o  BNG   pregúntase “se os Servizos Sociais do Concello están facendo o seu labor, cando todos coñecemos xente que está a pasar por graves carencias e dificultades no municipio”

No BNG apoiamos o sector turístico da vila   e non compartimos que  tan só se lle destinen 1.500 euros nestes orzamentos. O Concello e en particular o seu alcalde tratan con total desleixo ao sector turístico na vila, a pesar de presumir “da gran viveza do sector hoteleiro”  sin   percatarse  que o establecemento con máis prazas hosteleiras da vila leva   meses pechado.

 

Escandaliza saber que polos caprichos do señor alcalde se lle está a pagar a o aparellador  en situación de excedencia forzosa 20.000 euros por estar na casa, mentres o seu traballo é feito por outra persoa á que por suposto hai que pagarlle outra nómina.

 

É escandaloso que o concello gaste 40.000 euros  anuais no técnico local de emprego (ADL)  un gasto non  soportable. Do que só ten unha subvención de 8.000 euros (20 %). A pregunta é: ¿Tén o goberno municipal alguna obriga especial contraída con este traballador e anterior tenente alcalde? Este goberno municipal,  reducíralle no pasado a  xornada laboral a persoa que ocupaba antes éste posto. ¿ Pode o Concello soportar este gasto? ¿Por que non usa o mesmo criterio agora que antes?

 

O BNG  considera inasumíbeis  estes orzamentos  inxustos, antisociais e cheos de despilfarros, polo tanto non vai apoialos  mentres o alcalde se siga  negando a negocialos