O BNG culpa ao concello de ser o único responsable do caos producido ca peonización de rúas

Foto do facebook de "Chete Pose"
Foto do facebook de "Chete Pose"
O BNG culpa ao concello de ser o único responsable do caos producido ca peonización de rúas

 

 

O BNG xunto co PSOE e a abstención do PP deron luz verde  no pleno do pasado Maio ao  Regulamento de Tráfico presentado polo concello e no que  recolleron melloras  aportadas polo Grupo Municipal do BNG.

 

Dito Regulamento  recollía  entre outros moitos puntos a posibilidade de levar a cabo a peonización de rúas do casco histórico. Unha peonización que o BNG non esconde que sempre perseguiu, defendeu e defende, xa que entendemos que  se consigue  así  devolver  as rúas aos peóns e revalorizar o entorno do casco histórico como pasa na case totalidade das vilas históricas de Galiza, e que estamos seguros que potenciará turisticamente o  centro  corcubiones.

Foto do facebook de "Chete Pose"

 

Dende o BNG entendemos que este tipo de medidas poden ser ao principio mal acollidas polo cal lle solicitamos ao concello  que entre outras medidas se establecera un período de proba e un traballo de sensibilización ca cidadanía recadando a súa opinión; opinión que parece que o concello non se molestou en recadar; como tampouco parece, que en tres meses o concello se preocupase de estudar  como levar a cabo esa peonización.

 

É por esto que no BNG non entendemos como o alcalde ten a inmoralidade de culparnos do despropósito no que o concello converteu as rúas de Corcubión ao peonizar unha parte do casco histórico.  Unha peonización  que solo o concello ten a facultade de facer.

 

Neste caso o único que existiu como xa ven sendo costume no goberno bicefálico  corcubiones é unha nefasta e chapuceira xestión dunha obra que debería de revitalizar e mellorar a mobilidade nas  rúas corcubionesas.

 

O concello non pode escudarse nos demais para esconder a  súa total ineptitude e impericia a hora de levar a cabo as súas tarefas de goberno.