O BNG explica o seu voto contrario os Orzamentos Municipais 2016

O BNG explica o seu voto contrario os Orzamentos Municipais 2016

O grupo municipal do BNG de Corcubión tras 15 meses de lexislatura, e  de ter feito  unha oposición responsábel e dialogante, sin querer interferir negativamente na labor de goberno, constatamos una clara falta de iniciativa e de proxecto político para o pobo por parte do goberno municipal que agora se ve reflectida nos orzamentos municipais para o ano 2016.

Non é de recibo cun goberno en clara minoría pretenda sacar adiante unhas contas coma si tivese maioría absoluta; o pobo precisa dun proxecto político para toda a lexislatura e non de “parches” que sigan condenando a Corcubión a ser o Concello esquecido da costa da morte.

Un goberno que demostra non ter máis proxecto político que a pobre xestión diaria tal e como  comprobou no que vai de verán e nomeadamente en xullo coa celebración de festas no pobo, na que non foron capaces de xestionar, o verse desbordados en tarefas tan básicas e importantes nesta época de afluencia turística como a limpeza, adecentamento urbano, xardíns, mobilidade, etc.

Un goberno, que apesar de presumir de presentar contas con superavit, e incapaz impulsar proxectos de desenvolvemento local que consideramos esenciais para a economía do noso Concello e a creación de emprego en sectores como turismo, os servizos sociais, a cultura e patrimonio.

Uns orzamentos máis continuistas, os que xa lle demos, coa abstención do noso grupo a lexislatura pasada, unha oportunidade pero xa está ben de tomarlle o pelo as/os veciñ@s.:

A Carencia de proxecto político definido para o pobo leva a perda de créditos da Deputación por valor de 60.000€ apesar de estar o alcalde con adicación exclusiva como asesor na deputación.

Falta de iniciativa co resto das administracións.Falta de apoio o sector económico e turístico do pobo.Desinterese polo camiño, polo patrimonio histórico e cultural (xa denunciamos a falta de programación anual e perda de subvención en persoal para levala acabo por desidia). Na área de benestar social, “nin rastro” da posta en marcha do Centro de Día. Do que si estamos convencidos é de que sí o BNG gobernase o centro de dia estaría funcionando.

Ademais nos orzamentos existen partidas escuras e de despilfarro que por sí mesmas xustificarían o voto contrario, como as altísimas facturas de alumeado público (+ de 6.000 € nos últimos 2 meses de difícil xustificación) e os gastos que se siguen xerando pola contratación externa dun arquitecto, por ter un empregado público na casa cun custe para o concello de máis de 2000€/mes.

Estes puntos son aspectos que nos fan  votar en contra destos orzamentos, máxime cando  estamos a ofrecer a nosa colaboración para gobernar de maneira conxunta e de balde, polo ben do pobo, e que sistemáticamente desprezan, empeñados en gobernar cunha minoría exigua.

Pois ben, si elixen gobernar así, que o fagan con todas as consecuencias. Nós o BNG, NON IMOS SER CÓMPLICES DESTA DESFEITA. Se queren uns orzamentos que non resolven os problemas dos cidadáns, adiante! a lexislación dalles os mecanismos para facelo, pero que non insulten a intelixencia nin nosa nin do pobo.

O BNG explica o seu voto contrario os Orzamentos Municipais 2016