O BNG insiste na necesidade de conformar un goberno de maioría de Corcubión

O BNG insiste na necesidade de conformar un goberno de maioría de Corcubión

O mércores 8 de xullo, celebrouse o Pleno de Organización do Concello de Corcubión, no que grupo municipal do BNG de Corcubión mantén o ofrecemento para a conformación dun goberno forte e axíl entre as duas forzas maioritarias para traballar por e para Corcubión.

 

Logo das conversas que mantivemos co grupo do PSOE, os nosos tres concelleiros, mostraron vontade de conformar un goberno  nacionalista e esquerdas para Corcubión, un sentir que trasladaron diferentes veciños e veciñas nas Asembleas Abertas despois das recentes eleccións municipais.

O BNG atopouse cas portas pechadas a calquera tipo de negociación xustificando o alcalde a desconfianza aos novos concelleiros do BNG.

O Alcalde dí  desconfíar do BNG para conformar un goberno de maioría por que a “súa xente” non o entendería, argumento, que non se corresponde co sentir maioritario na rúa que está a pedir un entendemento e que se esquezan as recillas persoais e o que o BNG esta disposto e coa man tendida para abrir esa negociación sen condicións previas.

O BNG non se amosa en contra dunha adicación exclusiva, se non que tamén forma parte do entendemento o que temos que chegar para formar un goberno que mire polos intereses do pobo. Dende o BNG estamos convencidos que un goberno entre as duas forzas traería máis inversión para Corcubión.

Neste mesmo pleno, si foron aprobadas por unanimidade, as propostas nas que o noso grupo comezou a traballar: A data dos plenos, quedando cunha periocidade bimensual, o 3° venres de mes ás 20:00 horas. Un día flexible para todas e todos nós e principalmente para que a veciñanza poida asistir e participar. E unha nova comisión de participación cidadá, que consideramos que debe ser fundamental nesta lexislatura e a súa inmediata posta en marcha, así como as demais comisións, claves para propor, avanzar e manter a xestión municipal ca maior transparencia posible.

 

Como xa dixemos reiteradas veces, o BNG  formará parte das comisións con responsabilidade, coherencia e sendo sempre a voz da veciñanza, á que nos debemos e animamos a participar na vida municipal.

 

Con todo isto, o BNG mántense aberto ao diálogo polo ben da veciñanza e o pobo de Corcubión.