A Comisión da Muller do BNG invita a todalas mulleres a participar no Xoves de Comadres

A Comisión da Muller do BNG invita a todalas mulleres a participar no Xoves de Comadres

A comisión da muller do BNG de Corcubión organiza por 7º ano consecutivo o “Xoves de Comadres” que se celebrará o Xoves 27 de Febreiro. Este acto reivindicativo-festivo trata de recuperar a tradicional festa de comadres onde as mulleres xúntanse nunha cea para compartir velada. Este ano a cea será no bar “O Carrumeiro” de Corcubión, o menú será o típico de Antroido, o prezo é de 14€. Será imprescindible acudir co traxe de comadre que ten coma pezas fundamentais o mantelo, pano de cabeza e toquilla ou mantón. A diversión está garantida, as comadres xuntaránse ás 9 na Praza de Castelao para despóis dirixirse ao Carrumeiro para cear.cartas comadres 14

 

A comisión da muller do BNG de Corcubión invita a participar desta festa a tódalas mulleres que teñan ganas de pasar unha noite divertida.