É inexplicable e de falta de "sentido común" o reixeitamento do psoe a formar un goberno estable

O portavoz Pepe Ansede na rolda de prensa de hoxe
O portavoz Pepe Ansede na rolda de prensa de hoxe
É inexplicable e de falta de "sentido común" o reixeitamento do psoe a formar un goberno estable

Como dixemos no comunicado de ofrecemento para formar un goberno de ampla maioría en Corcubión , o noso concello non evolucionou o ritmo desexado nos últimos anos, entre outras cousas por políticas baseadas no enfrontamento, que a cidadanía rexeita e que temos a obriga de desterrar as organización políticas, por iso, a nosa vontade de dar un paso adiante e coa man tendida para gobernar o pobo conxuntamente.

Na reunión do pasado martes co grupo do PSOE de Corcubión, atopámonos inexplicablemente cun rexeitamento a este ofrecemento.

O portavoz Pepe Ansede na rolda de prensa de hoxe

Todo o contrario do que se tenta no resto do pais e na comarca (caso de Fisterra) no que se buscan acordos para formar gobernos estables entre forzas de esquerda e nacionalista que prioricen os intereses do veciños e non dos partidos. O PSOE de Corcubión teima, en manter un goberno en minoría que aínda quedou máis debilitado despois de perder un concelleiro nas últimas eleccións, aínda que moito nos tememos que siga gobernando na sombra, polo que se deduce das palabras do alcalde cando fala dos consellos que lledeu o anterior alcalde: “paciencia, cautela e seguir na mesma liña”.(palabras que repite unha e outra vez).

Non é de “sentido común”, que se pretenda gobernar só cun terzo da corporación (3 de 9) cando existe unha forza política, que se ofrece con humildade, xenerosidade e reponsabilidade, para garantir un goberno estable, que non cuestiona a titularidade da alcaldía e está disposta a traballar por e para o pobo de balde.

Sorprende que o PSOE pretenda seguir cunha política continuista, baseadas só na xestión administrativa do día a día, sen un proxecto político nen ideas claras para un avance real do noso pobo. Unha política na que, dín textualmente: “a oposición leve as ideas, as propostas e que traballe para sacar os grande temas que nós xa elixiremos as que nos gustan e as que non rexeitaremos”; non sabemos si eludindo a súa responsabilidade de goberno ou a amosando a súa incapacidade para facelo ou ambas. O curioso é que no transcurso da reunión en ningún momento se preocuparon por coñecer “as nosas ideas e propostas” do proxecto político que o BNG ten para gobernar Corcubión en conxunto, só se preocuparon de pedir un salario, moi difícil de xustificar para quen non ten vontade de falar de estabilidade e dun proxecto político para pobo a catro anos.

Esa colaboración que reclaman a oposición xa fracasou durante os últimos anos, da que os nosos concelleiros saíntes quedaron tremendamente descontentos, e que a pesar de facilitar a aprobación do orzamentos non cumpriron cos acordos, polo tanto, non estamos dispostos a repetir un modelo fracasado porque simplemente nos parece unha “tomadura de pelo” a nós e o pobo de Corcubión. (exemplos o centro de dia que está sin poñer a funcionar e rematar ou cando lle van mal as cousa culparnos da súa mala xestión realizada da peonalización das rúas, … etc.).

Atopámonos, desgraciadamente, cun PSOE que é incapaz de desvincularse do seu pasado, de políticas baseadas no enfrontamento e no amiguismo e que levou a unha división entre veciños e veciñas. Alegan, sen negar o positivo do pacto, que unha parte da “súa xente” non o entendería. Que digan claramente os veciño/as de Corcubión, quen é esa parte e a cantos representan; e digan quen son os que van a gobernar o pobo nos próximos catro anos – si os que sairon elexidos ou os que están na sombra-.

Nós seguimos coa “man tendida”, estamos dispostos a retomar a negociacións polo ben común é que maioritarimente nos están a pedir a cidadanía con independencia da cor política, e máis, si consideran que este sentir non é certo ou real que fagan unha consulta popular e que expliquen o pobo o por qué real de non querer un pacto, do contrario que se diesen de victimismos e asuman a RESPONSABILIDADE E OBRIGA DE GOBERNAR que nós asumiremos tamén de maneira responsábel e polo ben do pobo o noso lugar na  oposición, máis o que non admitimos é que nos diga o goberno como facela.