Valoración do BNG do primeiro ano de lexislatura

Valoración do BNG do primeiro ano de lexislatura

O BNG DE CORCUBIÓN VALORA O PRIMEIRO ANO DE LEXISLATURA

O grupo municipal de BNG de Corcubión tras este primeiro ano de lexislatura que entendemos un periodo o suficientemente longo como para facer unha valoración do traballo realizado pola equipa de goberno e logo de ter feito  unha oposición responsábel e dialogante, sin querer interferir negativamente na labor de goberno, pero no que se constata a falta de iniciativa e de proxecto político para o pobo por parte do goberno municipal.

 

Un goberno cunha política continuísta caracterizada por unha pobre xestión do día a día. Xestión que é incapaz de dar saída a temas administrativos básicos (pendente a día de hoxe dunha proposta de orzamento para o ano 2016) e totalmente insuficiente para dar un pulo a sectores que son fundamentais para o desenvolvemento económico de Corcubión.

 

Hai unha falta de iniciativa clara co resto das administracións para impulsar proxectos de desenvolvemento local que consideramos esenciais para a economía do noso Concello e a creación de emprego, sectores como turismo, servizos sociais e cultura e patrimonio.

 

Esta falta de iniciativa e proxecto, leva, durante este primeiro ano incluso a perda de subvencións, como é o da contratación dun posto de animador cultural, nun concello que carece de programación cultural estable durante o ano.

 

A carencia de proxecto político definido para o pobo leva, a non aproveitar ou solicitar as liñas de crédito da Deputación (sen intereses e con periodos de carencia) para impulsar proxectos locais.

 

O desintérese pola falta de promoción do “Camiño”, leva, a que vivivamos nun Concello cun casco histórico dos mellores conservados e cun gran valor patrimonial e cultural e polo que o “Camiño” transcorre pola súa totalide e non se fixo nengún acto informativo ou campaña divulgativa (como noutros concellos da comarca) a raiz da publicación de axudas para a rehabilitación de vivendas que están o paso do camiño.

Unha divulgación do “Camiño” que é vital para impulsar os sectores económicos principais da nosa vila como é o turismo e en particular a hostalaria e o comercio. Corcubión non pode ser só lugar de paso se non que ter que ser referente como centro turístico comarcal.

 

Seguimos a espera da posta en marcha do Centro de Día, rematado hai tempo e que os cidadáns de Corcubión seguen sin saber os motivos reais da non posta en marcha.

Temas,  que como deciamos e avanzabamos no noso programa electoral fundamentais para a economía do Concello e a xeración de emprego.

 

O BNG o inicio da lexislatura, xa denunciabamos que o continuismo na política que se viña realizando neste Concello lévanos a quedar a cola ou a non aparecer nin si quer no mapa do avance e do desenvolemento comarcal e máis cun goberno minoritario representado só por un tercio da corporacion. Por iso, propuxemos un acordo de goberno no que situasemos en primeiro termo a Corcubión, acordo de goberno ao que seguimos a abertos.