O pleno de Corcubión rexeita, por unanimidade, a reforma do Poder Xudicial de Gallardón

O pleno de Corcubión rexeita, por unanimidade, a reforma do Poder Xudicial de Gallardón

O Pleno do Concello de Corcubión acordou rexeitar o Anteproxecto de Lei Orgánica do Poder Xudicial, e que non se modifique a demarcación e planta xudicial existente na actualidade, e polo tanto, se manteña o Partido Xudicial de Corcubión nas dimensións actuais, de acordo co establecido na Lei Orgánica 39/1988.

Esta moción foi presentada polo Goberno Local e despois de discutila en comisión e recibir aportacións do noso grupo municipal, foi aprobada por unanimidade en Pleno Extraordinario o martes, 29 de abril.

Dende o BNG felicitámonos de que os concelleiros fósemos capaces de acadar a unanimidade nunha cuestión tan importante para Corcubión e os habitantes da bisbarra.

O salón de plenos estivo abarrotado de persoas, o que demostra a sensibilidade social que suscita o tema. Todos os habitantes da comarca son conscientes do que suporía a perda dos xulgados en Corcubión e están en contra da supresión que propón o Ministerio de Xustiza.

IMG-20140429-WA0000

A este respecto é necesario lembrar que o BNG xa vén advertindo dende hai un ano da deriva, moi negativa para a xustiza universal e gratuíta, que está a tomar a actuación do ministro de Xustiza, Alberto Gallardón:

-No Pleno do 21 de marzo de 2013 o BNG presentou unha “Moción para a derrogación da Lei de Taxas Xudiciais”.

-No Pleno do 9 de maio de 2013 presentamos “Moción a prol do mantemento dos Xulgados de Paz e a gratiudade dos Rexistros Civís”.

-No Pleno do 18 de xullo de 2013 o BNG presentou “Moción polo mantemento dos partidos xudiciais nas cidades e principais vilas galegas.

 

Estas mocións, presentadas polo BNG, foron discutidas en pleno apoiadas polo grupo municipal  do PSOE, polo que saíron adiante. En todas e cada unha delas o PP votou en contra.

 

Aledámonos de que, por fin, os concelleiros do PP lle viran as orellas ao lobo e se decataran a onde conducen as políticas do PP nacional e o ministro Gallardón. En política hai que ter visión de futuro e non esperar a que os problemas estean encima, porque entón ao mellor xa é tarde para solucionalos. Se esta unanimidade a tivésemos acadado hai un ano, quizais as reformas retrógradas do ministro de Xustiza non tiveran chagado tan lonxe. Se o PP de Corcubión e o PP de Galiza se tiveran manifestado en contra das reformas hai un ano, quizais hoxe non tivéramos que enfrontarnos a esta reforma.

Pero pensamos que estamos a tempo. Se os grupos municipais da bisbarra e os cidadáns se manifestan tan claramente en contra da reforma como o fixeron os representantes políticos e a sociedade de Corcubión, temos moitas probabilidades de parar esta reforma inxusta.

O pleno de Corcubión rexeita, por unanimidade, a reforma do Poder Xudicial de Gallardón