Principios do BNG

Estes son os principios fundamentais do BNG, aprobados na asemblea fundacional de 1982 e que se manteñen no esencial.

O nacionalismo é a resposta contra unha situación de dependencia económica, opresión cultural e política de Galiza que imposibilita a transformación e benestar da sociedade. Defende un programa para a gran maioría da sociedade galega.

Galiza, como nación, ten dereito á autodeterminación e ao exercicio da soberanía nacional.

Defensa da democracia e dos intereses populares.

Necesidade de autoorganización política e social e non dependencia nas relacións de Galiza.

Solidariedade, antiimperialismo, paz e desarme no concerto internacional.

Un modelo social que promova un desenvolvemento socioeconómico contrario á dependencia e a prol do benestar de todo o pobo.