O BNG móstrase preocupado polos recortes educativos no CEIP Praia de Quenxe

O BNG móstrase preocupado polos recortes educativos no CEIP Praia de Quenxe

Nos últimos anos vimos asistindo a unha serie de recortes que afectan a servizos básicos para o cidadán como é a educación entre outros. Isto non é a alleo o noso Concello e concretamente o centro de ensino o C.E.I.P. “Praia de Quenxe”.

Aproveitando a  xubilación dunha mestra do Colexio no curso actual, a Consellería de Educación optou por non cubrir esta  vacante coa excusa de non cumprir os ratios por aula e alumno e obriga o centro a xuntar as nenas e nenos  de 5º e 6º de primaría-

Isto obriga os mestres a dobrar, ocupando practicamente todas as horas lectivas, o que vai s en detrimento da atención e calidade do ensino e ademais nun curso, que por ser o último ano da primaria, entendemos necesita dunha atención especial para dar o salto a ESO.

Ademais estos recortes, que afectan a unificación de cursos, poden supor un retroceso ou parón na solicitude da matrícula no vindeiro ano. Temos que ter en conta que nos últimos anos foise aumentando de maneira paulatina esta matricula e os datos da media de alumnos total do centro, non xustifica a caída puntual de alumnos nun curso e polo tanto o recorte de profesorado.

Compartimos un entorno xeográfico pequeno co resto dos concellos veciños , no que ao igual que os nosos fillos e fillas con 12 anos teñen que desprazarse a Cee para cursar a ESO,  O BNG considera que tamén poden vir o noso concello outros rapaces a cursar estudos de infantil e primaria se somos entre todos e todas  capaces de conseguir melloras e facer o noso centro máis atractivo para as familias, por iso, o portavoz do BNG Pepe Ansede esíxelle ao  Concello  apoiar de maneira activa e con recursos as actividades extraescolares, tanto, as promovidas polo centro, como pola ANPA.

O BNG esixe ao  Concello de Corcubión que sexa   o primeiro en  velar polo mantemento e posta en valor do CEIP do noso concello e ademais de que se manteñan as nove unidades coas que naceu e reivindicar de maneira permanente a mellora e ampliación do mesmo. Por eso pedimos que o  Concello a articule as axudas necesarias, tanto co centro como coa ANPA para que se manteña unha programación estable e atractiva de actividades extraescolares no CEIP Praia de Quenxe e que lle inste i a Consellería de Educación a repoñer a vacante por xubilación

Polo tanto nin o concello nin o seu alcalde poden quedar pasivos e colocándose de perfil ante os inxustos recortes que padece o noso centro de ensino que tantos esforzos custou conseguilo, mentres vemos como centros concertados (é dicer, o ensino privado) da comarca reciben máis cartos habendo prazas vacantes nun centro público e de calidade como é o de Corcubión.