Galiza Nova homenaxeou a Moncho Reboiras en Corcubión

Entonando o hino galego
Entonando o hino galego
Galiza Nova homenaxeou a Moncho Reboiras en Corcubión

Galiza Nova dentro das súas Xornadas de Verán,organizou unha homenaxe ao patriota galego Moncho Reboiras na rúa que leva o seu nome en Corcubión.

O acto contou ca presencia do Secretario Xeral de Galiza Nova, Alberte Mera, do voceiro municipal do BNG de Corcubión, Xabier Paz, e do ex-alcalde de Corcubión, Rafael Mouzo.

Alberte Mera fixo un breve recordo da figura de Moncho Reboiras. Pola súa banda Xabier Paz fixo un recordou como Moncho fora vilmente asasinado nunha rúa de Ferrol pola policía Franquista. Uns disparos pola lombo acabaron con unha vida cuxo único delito foi a súa loita pola defensa dun proxecto nacional galego e a súa entrega na defensa da clase traballadora e da xustiza social.

Recordounos Xabier tamén, que ca aplicación da Lei da Memoria Histórica e por petición da súa familia para a rehabilitación e reparación moral dos danos causados aos que padeceron persecución, violencia ou asasinato durante a ditadura franquista, na forma máis extrema de violencia cos delitos máis graves que existen, Moncho Reboiras, patriota galego, foi rehabilitado en agosto do 2009. É o froito da súa semente de vitoria e compromiso. É a lembranza do seu soño vermello, azul e branco en palabras do seu irmán Manuel.

Rafael Mouzo lembrounos como fai 30 anos o concello de Corcubión decidía dedicarlle unha rúa a Moncho, cousa nada doada naqueles tempos. Agradeceulle ao dono da casa onde está a placa da rúa a súa dispoñibilidade e compromiso para que o recordo a Moncho permanecese alí no peche da súa vivenda.

Compañeiro Moncho Reboiras: A Loita continúa.

Non te esquecemos¡¡¡