Manifesto do BNG de Costa da Morte en defensa do Partido Xudicial

Manifesto do BNG de Costa da Morte en defensa do Partido Xudicial

REXEITAMENTO Á SUPRESIÓN DOS PARTIDOS XUDICIAIS

HAI 200 ANOS, NAS CORTES DE CÁDIZ APROBOUSE A CONSTITUCIÓN DE 1812, E DERIVADA DESTA NORMA, EN 1834 CREÁRONSE OS PARTIDOS XUDICIAIS CON DOUS OBXECTIVOS PRINCIPAIS: 1) ACHEGAMENTO DA XUSTIZA AOS CIDADÁNS, PILAR BÁSICO EN TODO ESTADO DE DEREITO; 2) AXILIZAR A PROPIA XUSTIZA E FACELA MÁIS EFECTIVA, DINAMIZANDO OS TERRITORIOS DE INFLUENZA DOS PROPIOS PARTIDOS XUDICIAIS.

XUNTO COS XULGADOS DE 1ª INSTANCIA E INSTRUCCIÓN, CREÁRONSE NOS DEMAIS CONCELLOS OS XULGADOS DE PAZ, QUE BÁSICAMENTE LEVAN TEMAS DE REXISTRO CIVIL.

AO LONGO DESTES DOUS SÉCULOS OS DIFERENTES REXÍMENES POLÍTICOS QUE GOVERNARON O ESTADO ENDEXAMAIS CUESTIONARON A SÚA EXISTENCIA, PORQUE CONSIDERABAN QUE REPRESENTABA O PRIMEIRO ESCALÓN DOS ÓRGANOS XUDICIAIS, E QUE ESTES XULGADOS DEMOSTRARON, A PESARES DOS ATRANCOS, FALLA DE RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS, ÁS VECES INTERESADOS, A SÚA EFICACIA E FUNCIONALIDADE.

NA ACTULIDADE ESTÁ VIXENTE A LEI DE DEMARCACIÓN DE PLANTA XUDICIAL DE 1988, CON 45 PARTIDOS XUDICIAIS EN GALIZA PARA GARANTIR O DEREITO FUNDAMENTAL DA TUTELA POLOS XUÍCES E TRIBUNAIS DOS DEREITOS E INTERESES LEXÍTIMOS DOS CIDADÁNS, CONCORDE CO ARTIGO 24 DA CONSTITUCIÓN.

JAR_4379-como-objeto-inteligente-1

MOITA XENTE SABE QUE ANTES DE 1988 EXISTÍA EN CORCUBIÓN O XULGADO DE 1ª DE PRIMEIRA INSTANCIA E INTRUCCIÓN E O XULGADO COMARCAL, E QUE NESTE PROCESO DE CAMBIO O CONCELLO FIXO UNHA PROFUNDA XESTIÓN, TANTO EN GALIZA COMO EN MADRID, PARA QUE O XULGADO COMARCAL SE CONVERTIRA NO DE INSTRUCCIÓN Nº 2, POLO QUE HOXE DISFRUTAMOS DELES.

O PARTIDO XUDICIAL DE CORCUBIÓN, CON DOUS XULGADOS E REXISTRO CIVIL, COMPRENDE OS CONCELLOS DE FISTERRA, CEE, DUMBRÍA, MUXÍA, CAMARIÑAS, VIMIANZO , ZAS E O DESTA VILA COMO CAPITAL DO PARTIDO, CUNHA POVOACIÓN DISPERSA DE MÁIS DE 60 MIL ALMAS, CONFIGURANDO DÚAS COMARCAS: FISTERRA E SONEIRA. DÚAS COMARCAS HISTÓRICAMENTE CASTIGADAS, SOCIAL, POLÍTICA E ECONÓMICAMENTE POLOS AVATARES DE TODOS OS PODERES DE CADA MOMENTO, E CUNHA ALTA CIFRA DE EMIGRACIÓN, QUE HOXE DESGRACIADAMENTE VÓLTASE A REPETIR COMO NOS ANOS 60 A EUROPA, E MOITO ANTES A AMÉRICA. CON MOITAS DIFICULTADES PARA ACCEDER Á CAPITAL DA PROVINCIA POLA MALA CALIDADE DOS TRANSPORTES PÚBLICOS, O CUSTE DA PEAXE E OUTRAS CIRCUNSTANCIAS QUE COÑECEMOS.

logo 3

NO CONSELLO DE MINISTROS DE 2 DE MARZO DE 2012 ACÓRDASE UNHA PROPOSTA DO TEXTO ARTICULADO DA LEI DE DEMARCACIÓN E PLANTA XUDICIAL, QUE SUPÓN A DESAPARICIÓN DOS PARTIDOS XUDICIAIS TRADICIONAIS, E COMO CONSECUENCIA OS XULGADOS DE 1ª INSTANCIA E INSTRUCCIÓN, ASÍ COMO OS XULGADOS DE PAZ DE CADA CONCELLO, PASANDO TODAS AS COMPETENCIAS AOS FUTUROS TRIBUNAIS DE INSTANCIA NAS CAPITAIS DE PROVINCIA. A PROPOSTA DO MINISTRO GALLARDÓN, AVALADA POLO CONSELLO XERAL DO PODER XUDICIAL, PRETENDE IGNORAR UNHA REALIDADE HISTÓRICA, CULTURAL E SOCIAL PROVOCANDO A PERDA DE DEREITOS DE MILES DE CIDADÁNS, DEREITOS CONQUERIDOS NESTES 200 ANOS ATRÁS, QUE CONDEAN ÁS COMARCAS DE SONEIRA E FISTERRA Á MARXINALIDADE NOVAMENTE, E ARRUINA A NOSA VILA, QUE XA NA IDADE MEDIA IMPARTÍA XUSTIZA E EXERCÍA XURISDICCIÓN NUN AMPLO TERRITORIO.

PARA DISFRUTAR DO QUE HOXE TEMOS EN CORCUBIÓN COMO SERVIZOS: OFICINA DE SEGURIDADE SOCIAL, DA TESOURERIA, REXISTRO DA PROPIEDADE, NOTARÍA (UNHA XA DESAPARECIDA), CAPITANÍA DO PORTO, INSTITUTO SOCIAL DA MARINA, OFICINA LIQUIDADORA DA FACENDA (QUE QUEREN PECHALA DENTRO DE POUCO), OFICINA DE EXTENSIÓN AGRARIA, CORREOS E TELÉGRAFOS (QUE XA O DESMANTELARON PARA TENTAR PRIVATIZALO), ORGANIZACIÓN DE TRABALLOS PORTUARIOS (CUN MÍNIMO DE TRABALLADORES), RECADACIÓN DA DEPUTACIÓN, E MOITAS MÁIS COUSAS, TANTO AS CORPORACIÓNS MUNICIPAIS E OS VECIÑOS DE CORCUBIÓN E VILAS LIMÍTROFES LOITARON A BRAZO ABERTO, CON SUOR E BÁGOAS, PARA QUE TODOS ESTES SERVIZOS QUEDARAN NA NOSA VILA (NON ESQUEZAMOS A LOITA POLA SANIDADE E HOSPITAL).

AMIGOS/AS: ESTES RECORTES DE GALLARDÓN ESTÁN PROGRAMADOS POLO GOVERNO, E VANOS EXECUTANDO POR ETAPAS: PRIMEIRO SANIDADE E EDUCACIÓN, PENSIÓNS, PERDA DE DEREITOS LABORAIS, COPAGO FARMECÉUTICO, TRASLADOS DE AMBULANCIAS, MEDICAMENTOS HOSPITALARIOS, TAXAS XUDICIAIS, UNHA FÁBRICA DE PARADOS E UNHA MAFIA ORGANIZADA DO PODER CORRUPTA, SEN LÍMITES NEN PARANGÓN NA HISTORIA.

ESTE PROXECTO DE REFORMA VÉN AVALADO POLO OUTRO APÉNDICE DOS GOVERNOS DE TURNO AO SERVIZO DO PODER: O CONSELLO XERAL DO PODER XUDICIAL, QUE TEN DE INDEPENDENTE O QUE EU TEÑO DE PAPA DE AVIGNON.

É TAL O CÚMULO DE DESPROPÓSITOS E RETROCESOS EN DEREITOS QUE NIN LLES IMPORTA QUE A XUSTIZA SE EXECUTE CONFORME ÁS PROPIAS RESOLUCIÓNS, PRIVANDO DE RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS AOS XULGADOS, E TENTANDO POÑERLLE UNHA MORDAZA AOS PROPIOS XUÍCES, QUE ELES QUEREN QUE SEXAN MONAGUILLOS DO PODER.

JAR_4405-como-objeto-inteligente-1

SUPRIMIR UNHA XUSTIZA UNIVERSAL, QUE DEIXA IMPUNE CRÍMENES COMO OS DO FRANQUISMO. CRIMINAIS NARCOTRAFICANTES NAS RÚAS E O ASASINATO DO NOSO PAISANO XOSÉ COUSO NO IRAK. COA REFORMA DO CÓDIGO PENAL E A LEI DE SEGURIDADE CIDADÁN, A INTENCIÓN DESTE GOVERNO É RECENTRALIZAR NOVAMENTE OS SERVIZOS, PONDO EN ENTREDITO O EXERCICIO DO DEREITO FUNDAMENTAL DA TUTELA XUDICIAL EFECTIVA, PERDA DE EMPREGO NA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA E PONDO EN DÚBIDA O TRABALLO DO PERSOAL, RALENTIZANDO MÁIS AS RESOLUCIÓNS, E FACENDO UNHA XUSTIZA CADA VEZ MÁIS INXUSTA E PARALIZADA.

MOITOS DESTES RECORTES ESTÁN ACORDADOS COA COMPLICIDADE DA XUNTA DE GALIZA, POR ACTIVA OU PASIVA, AMOSANDO UN SOMETEMENTO ESCANDALOSO NUNCA LEMBRADO NA HISTORIA DA AUTONOMÍA DO PAÍS, CANDO DE VERDADE PODERÍA FACER UN DESEÑO ACORDE COA REALIDADE NACIONAL DE GALIZA CONTEMPLADO NO ARTIGO 20 APARTADO 2 DO ESTATUTO DE AUTONOMÍA, XA QUE COS NOSOS ORZAMENTOS APÓRTANSE OS MEDIOS HUMANOS E MATERIAIS PARA O FUNCIONAMENTO DOS ÓRGANOS XUDICIAIS.

CON ESTA REFORMA NON SE RESOLVEN AS DISFUNCIÓNS, SENON QUE AÍNDA SE ENCARECE E NON SE ADAPTA Á NOVA TIPOLOXÍA DE LITIXIOS (OU PLEITOS).

QUE VAI A SUCEDER PARA OS VECIÑOS E VECIÑAS DO PARTIDO XUDICIAL DE CORCUBIÓN?:

1)   DESAPARICIÓN DOS DOUS XULGADOS DE 1ªINSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE CORCUBIÓN, E TODOS OS XULGADOS DE PAZ DOS RESTANTES SETE CONCELLOS.

2)   TRASLADARSE A CORUÑA PARA ASISTIR A UN XUÍZO OU SOLICITAR UNHA PARTIDA DE NACEMENTO OU DEFUNCIÓN.

3)   RECORRER 100 KM, NALGÚNS CASOS MÁIS, POR ESTRADAS SATURADAS E HOXE DESCUIDADAS, E PAGAR PEAXE POR UN TIOVIVO DE CARBALLO A CORUÑA.

4)   PAGAR APARCAMENTO, SE LOGRAS ATOPALO PERTO DA SEDE XUDICIAL, E ÁS VECES SAE MÁIS CARO QUE A PROPIA GASOLINA.

5)   PAGAR AS TAXAS XUDICIAIS DE GALLARDÓN.

6)   PAGAR A COMIDA PROPIA E DAS TESTEMUÑAS, E TRASLADO DAS MESMAS, E QUE NON TEÑAS Q VOLTAR SI SE ANULA O XUÍZO.

7)   PERDER UN DÍA ENTEIRO E CORRER O RISCO, QUE SEMPRE EXISTE, DE ANDAR NA ESTRADA.

JAR_4431-como-objeto-inteligente-1

VECIÑOS E VECIÑAS: MADRID NON ENTENDE, NON COÑECE E NON QUERE A GALIZA; VIVEN NUNHA NUBE NEOLIBERAL E CENTRALIZADORA COMO A QUE FIXERON OS REIS CATÓLICOS OU A QUE IMPLANTOU O PRIMEIRO BORBÓN FELIPE V DE ANJOU, CANDO VÉN REINAR DESPOIS DUNHA GUERRA DE SUCESIÓN EN 1711.

PARA A VILA DE CORCUBIÓN SIGNIFICA O EXTERMINIO, UN BORRADO NA NOSA IDENTIDADE E UN DESPREZO TOTAL E ABSOLUTO POLA NOSA TRAXECTORIA HISTÓRICA, QUE FOI EVOLUCIONANDO POLÍTICA, SOCIAL, ECONÓMICA E DEMOCRÁTICAMENTE DENDE ÉPOCAS MÁIS DESTACADAS. PERO PARA A COMARCA VAI SIGNIFICAR UN MACHADAZO SEN RETROCESO. UNHA AUTÉNTICA RUÍNA PARA AS FAMILIAS QUE CADA DÍA SE VEN MÁIS EMPOBRECIDAS, ASÍ COMO PARA O COMERCIO E OUTRAS ACTIVIDADES DAS QUE VIVIMOS.

QUE NON PENSE MADRID QUE DIANTE DESTAS DECISIÓNS ABERRANTES, ESTE POVO E COMARCA VAI A PERMANECER SUMISO E CALADO. NON IMOS A SER MANSOS CON ESTES ATROPELOS E NON ACEPTAMOS OS RECORTES DE GALLARDÓN NEN DO GOVERNO POPULAR. ESTO COMEZA, SEÑOR MINISTRO, SEÑORES DO GOVERNO CENTRAL E SEÑORES DA XUNTA, PERO NON VAI ACABAR AQUÍ, PORQUE NON ASUMIREMOS UNHA IRRACIONALIDADE DE GALLARDÓN. ESTA VILA DE CORCUBIÓN E A SÚA COMARCA VAI SEGUIR DECINDO: NON A GALLARDÓN!!!