O voceiro do BNG, Xabier Paz repasou no pleno de onte a lamentable situación de abandono da vila.
Dispois do pleno da moción de confianza do dia 1 de xullo, no que o BNG fíxolle una proposta de diálogo para rematar ca lamentable imaxen que está dando ésta corporación que vostede preside. Un ofrecemento responsable co fin de acabar con unhas relación institucionais baseadas no insulto. Dispois desa oferta do BNG que encamiñe a esta corporación a unha política responsable baseada nunha nova cultura de convivencia que é o que está pedindo a maioría deste pobo. Dispois de pedirlle que deixe de expropiarlle ao pobo a democracia participativa na toma de decisións na que os cidadáns non pintan nada e dispois de pedirlle que escoite a oposición e abandone dunha vez esa política caciquil de feitos consumados.
Dispois de todo esto, vostede vai ó primeiro medio de comunicación que se lle presenta e o que fai e insultarnos dicindo que somos uns cínicos (A Voz de Galicia 2-07-2.013) Claro que agora dirá (como sempre) que eso o puxo o periodista. Unha escusa demasiadas veces empregada por vostede á que xa nos ten acostumbrados. Continúa vostede instalado na descalificación e na mentira. Si éstas son as profundas convicións das que presumía nese pleno vive vostede na mentira e na descalificación permanente, polo que non lle vemos acreedor do noso aprecio porque eses valores dos que presume só aspiran ao desprestixio do rival político. Nin siquera se plantexa camiñar na vía do entendemento. Posiblemente pense ¿Para qué camiñar na via do entendemento si políticamente a mentira e a descalificación funcionan? Sr. Alcalde, preguntámonos si vostede coñece a palabra empatía.
Antes de rematar o pleno e cando xa non temos dereito de réplica, chámanos cobardes políticos e nós decímoslle que mentras vostede xogaba as canicas, algún dos que chama cobardes políticos xa andaba defendendo a liberdade e uns dereitos sociais que hoxe disfruta vostede. Uns dereitos que lle están liquidando e non o vemos moi posto na súa defensa, mesmo semella que está dacordo ou tamén pode ser que padeza da síndrome de servidume voluntaria, moi obediente e servil diante deste saqueo. E logo vennos chamando cobardes a nós. A valentía, a veces, non é máis que recoñecer os propios erros. Poñerlle a culpa ós demáis é demasiado fácil e só recoñecer os erros dos outros eso sí que é cobardía.
¿De onde saca vostede que este portavoz e o BNG están para obstaculizar? ¿Porque minte vostede? ¿Qué pretende criminalizando e difamando a este portavoz e o BNG para xustificar a súa incompetencia? ¿Qué méritos pretende conseguir denunciando como enemigos públicos a todos os que cuestionan a súa xestión? Todo seu mérito consiste en desacreditar ós que non pensan como vostede.
Sr. Alcalde, o seu cargo non lle da ningún dereito a desprestixiarnos e insultarnos continuamente nos medios de comunicación.
As súas obras xa lle dixen nun pleno que eran virtuais. Non existen. Bueno,algunha sí, como a do Camping de Boca de Sapo, a infamia do solar do cine, a excedencia forzosa do aparellador, o encerro do electricista, as sancións de inspección de traballo, o pago dos abogados polos numerosos pleitos que tén, o impago da obra menor de Redonda (licenza que vostede otorgou no ano 2.006 -fai 7 anos- con un presuposto de 1.000 ), a reposición da legalidade dos muros do antiguo Campo de futbol na Oliveira, as innumerables obras paralizadas sin ningunha posibilidade de arreglo, o porto deportivo, etc. etc. etc. E non me veña vostede dicindo que esto non existe. Pode presumir do que queira pero ten que resultarlle indicativo do nivel gubernamental que as dúas obras que se están a levar a cabo actualmente neste Concello son propostas do BNG (o Centro de Dia e a beirarrúa de Rosalia de Castro pola zona do Cemiterio). E non o dicimos para colgarnos ningunha medalla pero sempre aparece nos medios a proposta do goberno municipal.
Sr. Alcalde, os cidadans elexironno para coidar a finca máis pequena da Costa da Morte. Unha finca que está en barbecho dende fai dez anos con unha xestión da que non atopamos equivalencia nos outros concellos da Costa da Morte.
Antes por este Concello víase a miudo a furgoneta dunha empresa de electricidade ca escaleira apoiada nun poste da luz ou nunha farola. Cobraba por reparación. Agora como cobra una cantidade fixa anual por contrato, non se ven nin furgoneta ,nin escaleira. Seguramente estamos diante dunha nova versión do vello retellador do teito da catedral de Santiago.
Detras da Casa da Cultura hai unha área de descanso e esparcemento con bancos e mesas. O abandono por parte do Concello desa área é lamentable. As herbas que cubrían esas mesas e bancos ata facelos desaparecer foron cortadas o dia 8 de agosto.. Será que esa área límpase só para os turistas. Os corcubioneses non teñen dereito a disfrutar dela o resto do ano.
As escaleiras que baixan dende a estrada xeneral á que vai ao Faro de Cee estaban intransitables, cubertas de maleza e para rematar con unha enorme rata morta no medio. Claro que vostede repetirá o chiste fácil que xa lle dixo á portavoz do PP Que esa rata morta é a garantía de que funciona ben a campaña de desratización. Foron limpiadas o dia 7 de agosto por denuncia dun particular.
Os escrementos dos cans nalguns lugares público xa forman parte da paisaxe.
Si o BNG presenta un escrito denunciando que a maior parte das rúas deste pobo están abandoadas porque a limpeza só se fai nos mesmos sitios. Vostedes van a xunto dos traballadores a dicirlle que o BNG presentou un escrito dicindo que non traballan. ¿Qué pretenden vostedes mentíndolle ós traballadores para enfrentalos ó BNG? Volvémosllo a decir outra vez: Teñen vostedes a limpeza da maior parte do pobo completamente abandoada. E non é culpa dos traballadores. É culpa dos que lle ordenan que limpen sobre o que xa está limpo.
Este verán un novo colector deposita as augas fecais con un olor pestilente do que vostedes nin se enteran na finca denfrente da Praia de Quenxe. Esa finca que sirve para tirar os escombros. Posiblemente a orixe desta cloaca sexa unha avería das obras dalgunha empresa. Por si esto non chegara, todo fai indicar que esas augas fecais, algo depuradas no recorrido da finca saen á Praia de Quenxe pola zona das duchas. Si o BNG avisara no Concello este feito, vostede saliría dicindo nos medios de comunicación que o que pretende o BNG é acabar co turismo en Corcubión. Esto señor alcalde, xa non é abandono, é desidia e incompetencia. Por certo que desos escombros fixeron unha esplanada perfecta para continuar ca escombreira. Mentras tanto vostede continúa vendo nesa finca brotes verdes.
E falando de augas fecais, fai uns 20 anos o Concello de Corcubión gastouse uns 60 millóns de pesetas na discriminación das augas pluviais dunha importante parte do pobo dende o cemiterio ata enfrente da cárcere vella, esta obra incluía as augas que baixan da fonte do Vilar. A este colector iban únicamente as augas pluviais e as da fonte do Vilar. Hoxe, non se sabe por qué motivo a ese colector van a parar augas fecais. Non se sabe como nin cando empezou pero xa fai bastante tempo. Búsquelle unha solución, en lugar de despilfarrar os cartos porque posiblemente haxa moita xente que está pagando a depuradora mentras as augas fecais van directamente a contaminar a Praia de Corcubión.
No centro do pobo, exactamente no casco histórico hai actualmente unha vivenda con luz suministrada por un grupo eléctrico. O dono desa vivenda restaurou e rehabilitou unha casa en ruinas polo que pagou o proxecto, a licencia municipal de obra, paga o imposto de urbana, o de recollida de lixo, paga auga, alcantarillado. Pero carece de luz. O concello desenténdese do problema.Non lle permite colocar un poste para o tendido eléctrico e exixelle a conexión subterránea que polo seu coste é inviable para ese propietario. A cuestión: O Concello arregla as rúas pero os cables da lus siguen co tendido antiguo. O feísmo non ten solución neste pobo. A empresa Gas Natural-Fenosa non quere poñer o cableado subterrraneo poas rúas que teñen colocado tubería para súa conducción subterránea e o Concello non fai nada para evitar esta situación. Mentras tanto ésta persoa non conta un dos servizos esenciais que debe disponer unha vivenda en zona urbana.
Sr. Alcalde, entre as resolución da alcaldía presentadas a este pleno hai tres (363-365 e 367) que obligan aos propietarios a manter os inmobles nas debidas condicións de conservación de mantenemento do solo natural, da masa vexetal que impidan a contaminación da terra, aire, auga e mantelos nas debidas condicións de seguridade, salubridade e ornato público. Parécenos moi ben pero ademáis de que éstes non son os únicos inmobles en estado de abandono, ruinas, etc, o Concello é o primeiro que debe dar exemplo pois o abandono nalguns zonas é impresentable. Faga vostede una relación do seu abandono e logo faga outra dos inmobles en estado ruinoso dos viciños incluido a Parroquia de San Pedro. O feísmo no pobo é evidente.
As papeleiras, por chamarlle dalgún xeito, están a rebosar e algunhas dos lugares máis concurridos polo turismo como é o paseo marítimo en estado deplorable. Está moi ben que vostede obligue ós viciños a coidar as fincas pero tamén que predique co exemplo.
Os contenedores do lixo nalgúns lugares desprenden un cheiro insoportable. Sobretodo os da Praza Castelao, os do Restaurante As Hortensias e o que xa é dun tufo irrespirable é o que está no Castelo, éste non se debe de limpar, nin recoller o lixo nunca.
A entrada do Cemiterio está tomada por obras. O cemiterio está abandoado, completamente descoidado, esperemos que para difuntos no mes de novembro se limpe.
Na rúa Doutor Fleming hai una reixa de un lado a outro da rúa que impedía que a auga da choiva pasara a estrada de Fisterra. Esa auga se canalizaba a unha arqueta á que se supón van os desaugues de toda rúa e logo mediante una tubería se conducía ao alcantarillado xeneral. Debido as obras de conducción de Gas pola estrada romperon a tubería e taparon a fosa da condución quedando toda canalización eliminada. Cando os viciños lle dixeron ós operarios desta empresa que eso non o podían deixar así contestáronlle que si pagaban éles a tubería esa empresa a colocaba, sinon que non colocaban ningún tubo. ¿Quén deste concello é o encargado de vixiar esas obras? Ou é que aquí dáselle permiso para facer unha obra e non hai ningún seguimento de si esa obra se axusta á licenza concedida.
Na estrada que vai ao cabo de Cee no traxecto do cemiterio esa mesma empresa tapou as obras de canalización con cemento e cheo de baches.
Sr. Alcalde, preguntámonos si non é posible a reducción do gasto en teléfono. As facturas por gasto en teléfonos móbiles non son un exemplo de austeridade neste Concello.
Sr. Alcalde, non se equivoque vostede, o BNG é esa parte da oposición que inxenuamente supón que todos queremos remar na mesma dirección. Que lle quede bén claro: Nós seguiremos por decisión demócratica do pobo de Corcubión na oposición, denunciando a parálise que padece este pobo debido ao estado de coma do seu goberno. Un goberno desnortado e posiblemente, polo que levamos vendo nos últimos plenos, tamén descabezado