O BNG considera victimista a posición do goberno de prorrogar os orzamentos
O BNG DE CORCUBIÓN CONSIDERA VICTIMISTA A POSICIÓN DO GOBERNO MUNICIPAL DE PRORROGAR OS ORZAMENTOS
O anuncio público realizado polo goberno municipal de Corcubión de prorrogar os orzamentos municipais amosa as claras a falta de vontade política e capacidade de diálogo dun grupo de goberno en clara minoría que prefire manter o pobo de Corcubión na parálise permanente antes que sentarse a negociar con quen dende o inicio ten a man tendida para negociar un pacto de lexislatura que solucione os problemas reais dos cidadáns.
Non é de recibo cun goberno en clara minoría pretenda sacar adiante unhas contas coma si tivese maioría absoluta; o pobo precisa dun proxecto político para toda a lexislatura e non de “parches” que sigan condenando a Corcubión a ser o Concello esquecido da costa da morte.
O pobo non precisa de políticos que asuman o goberno para xestión administrativa diaria, para iso xa están os funcionarios públicos, senon de políticos que tomen decisión, que teñan iniciativa, que impulsen proxectos para o desenvolvemento local que sexan exenciais para dinamizar a economía do pobo e xeren emprego.
Seguimos a manter a mesma posición de colaboración da lexislatura pasada, a mesma coa que nos presentamos as eleccións, a mesma coa que lle demos unha oportunidade no tempo que vai de lexislatura e a resposta por parte do gobernó e un continuismo que se traduce en parálise política, económica e social do pobo.
Xa denunciamos na valoración dos orzamentos a carencia de proxecto político, perda de créditos, subvencións, falta de iniciativa coas administración para dar apoio o sector económico e turístico do pobo, proxectos paralizados, partidas escuras e de despilfarro nos orzamentos etc.
Non valen mais excusas, está claro que a estas alturas de lexislatura esta é mala forma de gobernar pola que optou o PSOE en Corcubión, nós, O BNG de Corcubión estamos dispostos a sentarnos a negociar, si o teñen a ben, un pacto de lexislatura e buscar o millor para os veciños e veciñas e pobo en xeral.