O BNG de Corcubión denuncia a ocultación de información do expedente do Centro de Día
Durante a lexislatura pasada o BNG de Corcubión ven apostando pola posta en marcha do tan necesario Centro de Día de Corcubión. O BNG en toda a lexislatura anterior veu do seu apoio o goberno incluso orzamentario- para facilitar a rehabilitación dos edificios nos que vai ubicado e que o Centro de Dia fose unha realidade.
Ante a paralise na que se atopa este proxecto a pesar de que a rehabilitación esta rematada - o grupo municipal do BNG solicitou o Concello de Corcubión o expedente do edificio para coñecer o seu estado, dado que este pertencía a unha fundación e ten que facerse a transmisión correspondente o Concello para a posta en funcionamento.
A sorpresa do grupo municipal do BNG é que no citado expedente non figura documentación algunha, agás un folio con catro liñas que en absoluto se corresponde coa documentación necesaria para poñer o Centro de Dia en funcionamento.
Moito nos tememos, que as cousas se están facendo mal e polo tanto, de maneira intencionada se nos está a OCULTAR INFORMACION.
Polo tanto, o Grupo Municipal do BNG de Corcubión formulará no vindeiro no pleno do dia 23, unha pregunta o respeito, para pedir explicacións e que se aclare públicamente a situación na que se atopa este edificio.
Por outro banda o BNG instará ao Goberno Local a revisar e rebaixar o IBI, comunmente chamada contribución, con carácter xeral, rebaixándoo dos tipos aplicados entre os anos 2012 a 2015 pola aplicación da normativa básica estatal que impuxo o Goberno central e introducindo bonificacións dirixidas a persoas e familias con ingresos e rendas baixas, para adaptalo as posibilidades e necesidades que teñen os veciños e veciñas deste concello.