O BNG apoia o gasto do PAS na reparación da cuberta do Polideportivo

O BNG apoia o gasto do PAS na reparación da cuberta do Polideportivo

 

O BNG amosou nunha reunión mantida o pasado luns no concello, o seu apoio a equipa de goberno para que os cartos que a Deputación da Coruña adica a Corcubión dentro do Plan de Acción Social (PAS), sexan empregados na reparación da deteriorada cuberta do Polideportivo Municipal.

A achega da Deputación que se estima en preto de 100.000 euros, servirá así para arranxar unha necesidade que tanto os veciños e veciñas de Corcubión como o BNG véñenlle reclamando dende fai tempo ao concello, xa que o deterioro do teito do Pavillón de Deportes está tamén prexudicando o interior do recinto da pista polideportiva.

Do mesmo xeito, e en palabras do voceiro do BNG Pepe Ansede, os nacionalistas corcubioneses esperan que o Goberno Municipal sega ca mesma boa disposición e con vontade de dialogo a hora de sacar adiante as obras que se leven a cabo cos fondos do POS 2016 e que serán tratadas en vindeiras datas, e nas que o BNG xa está falando ca veciñanza para interesarse en que obras son as máis axeitadas.

O BNG apoia o gasto do PAS na reparación da cuberta do Polideportivo