O BNG mostra a súa procupación pola debeda do concello con Neria
O BNG de Corcubión acusa ao alcalde de que unha vez máis, e debido a súa nefasta xestión, pódese poñer ao concello ao borde da creba financeira por mor da teima de gobernar mirando o pasado en vez de preocuparse polo presente e futuro da vila.
O embargo de contas feito esta semana a Asociación Neria puxo de novo de manifesto que o concello débelle a esta Asociación da que xa non forma parte, máis de 50.000 euros.
O BNG lémbralle ao alcalde que cando un se fai ca alcaldía colle os activos, máis tamén os pasivos e non pode escusarse despois de 11 anos en que é unha debeda anterior ao seu goberno. O Concello tivo 11 anos para poñerse ao día nos seus pagos, e de pagar esta débeda ao igual que pagou outras facturas no seu día. Esto é unha mostra máis da súa neglixente xestión e da súa forma partidaria e partidista de entender a política.
O BNG denuncia que si o alcalde non quixo pagar esas facturas foi debido as súas desavinzas persoais polas que sempre se caracterizou e non pola falta de liquidez do concello, xa que cando o BNG deixou o concello no 2003 había en caixa despois de restar as débedas sen pagar, un remanente positivo de máis de 50.000 euros. O alcalde preferiu gastar eses cartos en pagarlle soldos durante catro anos ao seu compañeiro de coalición e tenente alcalde mais a outra concelleira no canto de pagar as débedas pendentes.
O BNG espera que as seguintes contas que embargue a xustiza a raíz de este caso non sexan as do concello de Corcubión, xa que de ser así suporían un golpe mortal as xa maltreita caixa do concello de Corcubión.
O BNG mostrase tamén moi sorprendido do interese que ten a concelleira popular en esixir o abono da débeda, sen tan sequera preocuparse polo estado financeiro no que pode quedar o concello. Sorpréndenos que antepoña os intereses de Neria aos interese dos veciños e veciñas de Corcubión. No BNG mostrámonos preocupados de que este interese responda ao pasado laboral da concelleira en Neria. No BNG botamos de menos que a concelleira do PP non sexa igual de esixente e belixerante a hora de pedir a retirada do copago sanitario, do medicamentazo, ou de pedir a Xunta e a Deputación un mellor trato para a nosa vila.