O BNG presentará unha moción para regular a participación cidadá

O BNG presentará unha moción para regular a participación cidadá

 

A participación social e cidadán debe ser o alicerce da política municipal, como medio para exercer a acción de goberno o máis acaída posíbel ás demandas e necesidades da cidadanía. O concello ha de procurar implicar aos colectivos políticos e sociais interesados na elaboración e execución das políticas locais, a través dos mecanismos máis idóneos en cada caso. Por iso, debe avanzarse na institucionalización da participación social, de xeito que se garanta o dereito das veciñas e veciños a intervir nos asuntos que sexan do seu interese, individualmente ou a través de entidades representativas (asociacións, entidades sectoriais, partidos políticos, etc).

 

A participación social non é simplemente un lema, senón que vai más alá e contribúe a afortalar o movemento social organizado, aumentar a conciencia e a corresponsabilidade da sociedade a través da súa participación na toma de decisións, e en suma, democratiza a vida municipal, convertendo aos concellos nunha institución ao servizo da cidadanía.

 

O artigo 253 da Lei de Administración Local de Galiza regula tanto a posibilidade de que asociacións ou entidades constituídas para a defensa de intereses xerais ou sectoriais poidan efectuar directamente exposicións perante o Pleno da Corporación en asuntos concretos (apartado 3) como a posibilidade de que o Alcalde estableza unha quedan de rogos e preguntas por parte do público asistente ás sesión plenarias, sobre temas de interese municipal (apartado 4).

Por iso, de xeito similar ao que acontece noutros concellos, consonte as potestades de autoorganización municipal, debe procederse a adaptar tanto o Regulamento Orgánico Municipal como a aprobar un Regulamento específico de participación cidadá que permita a presenza directa de asociación políticas, veciñais e sectoriais presente no concello de Corcubión para dinamizar a vida municipal.

 

Polo exposto, o BNG, solicita do Pleno da corporación municipal a adopción do seguinte

  1. Iniciar os trámites precisos para que se artellen os mecanismos necesarios para regular a participación de asociación políticas, veciñais, culturais, deportivas ou sectoriais na vida municipal.
  2. Adoptar un Regulamento de participación cidadá que permita a participación e presenza directa nos Plenos de veciños e veciñas a título individual para a defensa dos seus intereses como das asociación políticas, veciñais, culturais, deportivas ou sectoriais en asuntos de interese local e xeral.
  3. En tanto non se culminen os trámites legais pertinentes, que se permita a participación directa e a formulación de iniciativas rogos e preguntas por parte de veciños e veciñas e de representantes políticos e veciñais de entidades e asociacións con implantación neste concello.

O BNG presentará unha moción para regular a participación cidadá