O BNG recórdalle ao alcalde que no concello si había medios e infraestructura para obradoiros.
O BNG recórdalle ao alcalde que no concello si había medios e infraestructura para obradoiros de emprego.
Despois de darse a coñecer que os concellos de Corcubión Cee e Fisterra optarán de maneira conxunta a un Obradoiro de Emprego da Xunta cuxo fin será o limpamento e mellora de varios tramos da Ruta Xacobea, o BNG mostra a súa sorpresa polas declaracións feitas a semana pasada polo alcalde de Corcubión.
Afirma que as intervencións do Obradoiro de Emprego en caso de ser concedido, estarán dedicadas a aspectos paisaxísticos relacionados ca xardinería. Prosigue dicindo que meterse en temas de carpintería ou noutras cousas para as que non existen xa os medios ou as infraestructuras suporía un gasto que polo menos o seu concello non está disposto a asumir.
O BNG infórmalle ao alcalde que no concello se fixeron durante anos obradoiros de emprego de albanelaría, cantería ou carpintaría, para os cales si existían as infraestructuras e os medios, pois no seu día para ese fin fíxose unha nave na costa que sube ao Vilar, e investíronse de aquela, gobernando o BNG, millóns das antigas pesetas en maquinaria. Cabe preguntarse polo tanto si dende o concello descoñecen despois de 10 anos os recursos reais do concello.
De ser certo, tal e como afirma o alcalde, que non existen os medios nin as infraestructuras o concello debe explicar onde están todos eses e recursos co que contaba o concello, si os vendeu ou si os levaron.
Nestes críticos tempos de crise, un obradoiro de emprego é unha oportunidade de formación e de achega de cartos a familias en paro, polo que non se pode andar con políticas de improvisación, e da lei do mínimo esforzo.