O alcade debe pagar do seu peto o seu abogado
Corcubión, a 10 de abril de 2013. No pasado pleno ordinario, na dación de contas da alcaldía, apareceu unha resolución do tenente-alcalde na que resolvía que o concello asumira os gastos derivados da representación e defensa do alcalde no xuízo xurdido pola demanda de acoso laboral dun empregado municipal. O importe da factura foi de 2.178 a favor do seu avogado o Sr.Gutierrez Aranguren, e quedou condicionada ao resultado absolutorio do mesmo. Esta cantidade ten o concepto de dilixencias previas, polo que a factura final podería ser bastante superior. Ademáis, o portavoz, Oscar Insua, preguntoulle se tamén ía asumir o concello a factura do avogado que o defende nas causas abertas pola trama da operación orquesta, ao que o alcalde Fº Javier Lema, respondeu que si, pois son procedementos que traen causa do exercicio de funcións vencelladas ao seu cargo, tal e como fundamenta a propia resolución 89/2013. Cabe resaltar que a resolución non contén ningún precepto legal, nin lei nin regulamento, para fundamentala, agás unha referencia á xurisprudencia.
Para o BNG, o alcalde debe asumir totalmente os custes derivados da súa defensa, por varios motivos. Primeiro porque este xuizo deriva dun expediente anterior no que a propia inspección de traballo xa determinara que si existía acoso laboral, e o acoso laboral non deriva das funcións dun como alcalde, senón como persoa, pois ser acosador non é unha competencia do alcalde recollida na lei de bases do réxime local. Segundo porque non existe base legal que fundamente e permita o pago das minutas dun avogado para defender ao alcalde pola presunta comisión dun delito. E terceiro, o propio alcalde leva 9 anos pleiteando cos traballadores, orixinando deliberadamente xuízos, moitos xuízos, por diferentes causas derivadas do día a día das relacións laborais, e todos eles pagan do seu peto os avogados, e por esta razón, se o alcalde tivera un mínimo de vergoña e un mínimo de ética política, non se atrevería nin a mencionar este tema, e menos a pagar o seu avogado con cartos de todos os veciños.
Por último, Oscar Insua, portavoz do grupo municipal do BNG manifestou que O despilfarro do alcalde non ten límites, non lle chega con pagar o seu avogado, senon que está a pagarlle tamén a outro empregado por estar na casa. Corcubión non merece ter un alcalde que se aproveita dos recursos públicos para satisfacer os seus caprichos e rencillas persoais contra empregados municipais.