Convocado o pleno extraordinario para pedir a dimisión do alcalde
Oscar Insua tamén se referiu ás declaracións de Marisol Soneira sobre o BNG de Corcubión
O grupo municipal do BNG rexistrou esta semana a solicitude de convocatoria dun pleno extraordinario para debatir a moción nacionalista pola que se insta ao alcalde á dimitir pola súa imputación na Operación Orquestra. A súa situación procesual provoca alarma social, desconfianza dos veciños e veciñas e dana a imaxe da institución municipal, ademáis se dimite poderase defender sen comprometer a xestión cotiá do noso concello. O pleno xa foi convocado e celebrarase o día 2 de maio ás 20.00 hs da tarde.
O BNG considera que o alcalde non pode permanecer no absoluto silencio despois do auto do xuiz, dado que esta grave coxuntura require obligatoriamente unha explicación ao pobo e ao pleno da corporación, el é o representante do noso concello, non un veciño máis. Ademáis, foi el mesmo quen dixo no pleno da Corporación que se quedaba imputado na conclusión da instrucción dimitiría, polo que terá que dar doble explicación, xa que aínda non o fixo. Este mutismo é un tanto surrealista e misterioso, polo que esperamos despexar a incognita nese pleno extraordinario onde lle instaremos a que dimita e a que cumpla a súa palabra, se é que a ten.
O portavoz nacionalista, Oscar Insua, tamén quixo referirse ás declaracións de Marisol Soneira nas que falaba da labor da oposición no concello. Insua manifestou que A señora deputada do PSOE non se entera de nada e fala de oídas, dado que o BNG nunca xudicializou a vida política en Corcubión, nunca demandamos a ninguén, ao contrario, eu si que fun demandado polo actual alcalde, por eso lle recomendo que se informe antes de abrir a boca e que non fale do que non sabe, como acostuma a facer ás veces. Oscar Insua tamén declarou que ninguén que non sexa veciño deste pobo nos vai a dicir como temos que facer o noso traballo na Corporación de Corcubión, que lle dé leccións a algúns dos seus compañeiros de partido e que arranxe a súa casa que na comarca por certo está ben revolta. O mellor que pode facer é pedirlle ao alcalde de Corcubión que dimita igual que fixo no parlamento galego cos imputados do PP por corrupción, que comece a predicar co exemplo.
Corcubión, a 26 de abril de 2013