O BNG de Corcubión apoia aos pais e nais que solicitan que se cubra a praza de pediatria

O BNG de Corcubión apoia aos pais e nais que solicitan que se cubra a praza de pediatria

O BNG de Corcubión únese e apoia tamén a petición dos pais e nais dos municipios de Corcubión e Cee que levan tempo reclamando que se cubra de forma definitiva a praza de pediatra no centro de saúde de Cee que da servizo aos dous municipios.

 

Despois de que o SERGAS fixera público a semana pasada,  que esta praza será cuberta o vindeiro mes de Maio, no BNG esixímoslle  que sexa de forma definitiva, e con garantías tanto para os nosos rapaces e rapazas  como para o/a profesional que a vaia a ocupar, e que non sexa tan so unha manobra de despiste do PP agora que se acercan as eleccións, para calar bocas.

 

Non se debe permitir que se volva a producir un feito similar no futuro,  posto que a praza de pediatría vai pasando de unhas mans a outras, e aínda por riba non especializadas, xa que este tipo de cousas producen unha total inseguridade e indefensión dos pais e nais, dándose o caso en que moitos prefiren ser tratados na medicina privada, e outros moitos, a maioría, derivan as súas visitas ao hospital en horas nas que saben van ser atendidos por especialistas na materia, o que provoca en ocasións colapsos  nas atencións de urxencias.

 

 

Alertamos tamén dende o BNG de Corcubión a nula xestión e preocupación  do concello de Corcubión  para con este caso, xa que a pesar de tratarse do centro de saúde de Cee, afecta a tódolos nenos e nenas da nosa vila xa que é alí onde teñen a servizo de pediatría.

 

O BNG de Corcubión apoia aos pais e nais que solicitan que se cubra a praza de pediatria