O BNG preguntará no Congreso dos Deputados polo peche das oficinas do CAISS

O BNG preguntará no Congreso dos Deputados polo peche das oficinas do CAISS

 

O BNG de Corcubión por medio da deputada nacionalista Rosana Pérez preguntará no Congreso dos Deputados pola previsión de peche do CAISS de Corcubión prevista en principio para esta primavera, polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

 

Os primeiros pasos para o peche dos CAISS xa están sendo dados, xa que se están a amortizar prazas da xente que se xubila, e se está facilitando traslados a funcionarios que así o desexen.  A previsión do Ministerio é pechar 12 das oficinas en Galicia, entre elas a de Corcubión.

 

A intención do Ministerio  foi acollida con gran preocupación na nosa vila así como nos municipios aos que lle da servizo,  xa que creará prexuízos aos cidadáns, aos administrados e aos seus traballadores.

 

A súa  desaparición complicaría a realización de rutineiros trámites na Seguridade Social, e convertese nun paso máis de cara a unha centralización de servizos posta en marcha polo PP, que ca pretensión de un aforro, acada un  empeoramento constante dos servizos públicos.

 

 

Por todo isto o BNG formulará preguntas  para que o Ministerio aclare definitivamente cales son as intencións reais de peches en Galiza, e si estas afectarán  ao CAISS de Corcubión.  Interesarémonos tamén polos postos de traballo dos funcionarios que prestan servizo nestas oficinas e pedirémoslle que dialogue cas CC.AA e concellos para evitar o peche destas oficinas.

 

O BNG preguntará no Congreso dos Deputados polo peche das oficinas do CAISS