O BNG pediu a dimisión dos ediles imputados en diversas causas xudiciais
Hoxe plantéxase un debate que en política está marcado con unha línea roxa, algo que non se debe traspasar. Un tabú político: a responsabilidade política de dimitir. O sentido común de dimitir parece que só afecta a aqueles políticos que obteñen malos resultados electorais.
O BNG píde neste pleno a dimisión dos concelleiros do equipo de goberno imputados por respecto ós cidadáns e para defender e garantir a máxima tranparencia por parte das persoas que ostentan a representación da cidadanía e ademáis pola necesidade de recuperar a imaxe de honestidade na política. Para nós é unha cuestión de principios a incompatibilidade de persoas imputadas nas institucións públicas.
Dende o BNG consideramos que compre ser prudentes á hora de pedir dimisións e facer conclusións políticas sobre imputacións ou apertura de procedementos xudiciais a cargos electos que poidan danar nas instancias xudiciais diante de posibles absolucións ou sobreseimentos dos seus procesos.
O noso proceder e discurso político non consiste en recurrir ás instancias xudiciais para desprazar a un alcalde ou goberno municipal a través dunha hipotética sentenza xudicial posto que sería delegar nunha instancia non política a determinación da súa culpabilidade e ademáis pódese dar o caso de que feitos reprobables política e socialmente sexan lexitimados cunha sentenza ou resolución xudicial. Son os cidadáns os que teñen que xulgar e ditar sentenza nas urnas.
Polo tanto no BNG consideramos que recurrir aos xulgados amosa a impotencia de quen se ve incapaz de desaloxar a un alcalde ou a un goberno municipal e ten que botar man de atallos pola falta de apoio popular. A política non se fai nos xulgados posto que, a acción xudicial detrae tempo, recursos económicos e enerxías en detrimento doutros traballos a favor dos cidadáns. O BNG diferencia o plano xudicial do político e defende sempre o dereito á presunción de inocencia. Os cidadáns deben acudir á xustiza para pedir amparo das agresións e para defender seus dereitos pero nunca utilizala como ventilador para tapar as sús vergonzas e que os cidadáns teñan a sensación de que todos son iguais tendo como recurso a consigna descalificativa e ti máis
Sr. Alcalde, no pleno extraordinario solicitado polo BNG celebrado en data 2 de Maio do 2013, ésta organización política xa pedío a súa dimisión pola súa imputación na chamada Operación Orquesta. Dimisión que non facía falta pedirlla posto que vostede en repetidas ocasións xa anunciara que por dignidade e coherencia dimitiría si era imputado.
Logo viría outra imputación súa por acoso laboral a un traballador deste concello e por si non chegara ésta imputación xudicial tamén se acompaña do apercibimento de multas de elevada cuantía da Inspección de Traballo polo mesmo motivo.
A imputación ao concellal Louro Pais é por motivos que non teñen relación ca institución municipal.
O concellal Manuel Insua é imputado polo acordo de Resolución 89/2013 de 15 de marzo de 2013 pola que se asumen por parte do Concello o recoñecemento da obriga derivada dos gastos de representación e defensa do Alcalde por un importe de 2.178 no procedemento que contra éste interpuxo o traballador deste concello Juán Carlos Sambade Calo por acoso laboral.
Respeto a esta resolución o BNG xa mostrou o seu desacordo en varias ocasións e xa lles ten indicado da súa dubidosa legalidade. Dende logo este pago polo concello para o BNG traspasa os límites do que se coñece por unha actuación politicamente correcta.
A pregunta é obrigada: ¿Pensa este equipo de goberno pagar con fondos públicos a defensa nos xulgados pola imputación do Sr. Insua?
Non nos poden pedir que estemos contentos con este lamentable espectáculo. Porque o resultado é bastante penoso: Tres dos catro membros do goberno municipal están imputados. Estamos diante dun espectáculo vergoñento no que Corcubión aparece en todos os medios de comunicación (prensa, radio, televisión e nas redes sociais) dando unha imaxe que non se corresponde para nada ca realidade do noso pobo. É necesario reacionar para que esa información non acabe degradando a imaxe deste pobo co deterioro da institución municipal e mesmo da convivencia. Debemos buscarlle a solución e ésta atópase no que establece o Código Ético da maioría das organizacións políticas entre elas o PSdeG: Todo cargo público imputado debe dimitir para que esa situación xudicial non dificulte a xestión municipal. En base a ese Código de conducta, debémoslle aos cidadáns polo menos unha reflexión sobre o comportamento ético que esiximos para os nosos rivais políticos.
O BNG advirte, ademais, que este equipo de Goberno logo do terceiro membro imputado debería reflexionar sobre o xeito de evitar prexudicar a imaxe da institución municipal e do pobo de Corcubión e sobre dificultade da xestión ordinaria do Concello.
Señores do goberno municipal, non pretendan presentar como normal unha situación que está na portada de todos os medios de comunicación como un escándalo que afecta por diferentes motivos as tres cuartas partes do equipo de goberno. Están vostedes ofrecendo un espectáculo denigrante e deplorable que pode ser unha falta de respecto hacia os nosos viciños. Acabamos de asisitir a un esperpéntico espectáculo na capital de Galiza co equipo de goberno desaloxado do concello pola xustiza. Un espectáculo bochornoso tan denigrante que delata a falta de dignidade dalgúns representantes públicos. Ainda que non fai falta desplazarse tanto, posto que, na Costa da Morte existe unha epidemia de imputacións xudiciais que afectan a boa parte dos alcalde e concellais que xa debe parecer unha situación normal estar imputado. ¿Cómo pode parecer natural esta vergoñenta situación? ¿Cómo se lle pode dar sensación de normalidade a unha situación de extrema gravedade?
No pleno do 19 de setembro de 2013 o BNG facíalle a este equipo de goberno o ofrecemento que encamiñara a esta corporación hacia unha política responsable baseada nunha nova cultura de convivencia que viña reclamando a maioría deste pobo e se lle pedía que reflexionaran sobre os valores, actitudes e conductas que se lle esixe ás persoas que teñen a responsabilidade de gobernar este pobo. Nós continuamos con ese ofrecemento durante todo este tempo e o noso compromiso con este pobo non é o de poñerlle atrancos a gobernabilidade. Nós non estamos aquí para poñerlle paus as rodas que dificulten a xestión municipal, sinon para fiscalizar a acción do goberno sin obstaculizar súa gobernabilidade, buscar a participación e transparencia na toma de decisións, propoñer solucións ós distintos problemas e debatir con responsabilidade na búsqueda dun consenso para chegar a acordos que beneficien ós corcubioneses, intentar dignificar e recuperar a credibilidade da institucion municipal e que cada quén asuma as responsabilidades que lle encomendaron os cidadáns.
O BNG, sempre practicou e defendeu a mesma liña de coherencia: de producirse unha imputación: presunción de inocencia no ámbito persoal e no ámbito político defendemos o abandono das responsabilidades institucionais.
Dada a alarma social pola imputación de varios membros do grupo de goberno, e pola desconfianza dos veciños e veciñas ca situación xudicial das persoas que posúen cargos públicos que afectan a institución municipal o lóxico é o abandono das responsabilidades no concello.
En relación coa gravidade dos feitos que aparecen nos medios de comunicación, dende o BNG entendemos que, en aras de evitar un prexuízo á institución municipal, os membros do grupo de goberno imputados nun proceso xudicial deberían abandonar o cargo dimitindo. Esto sería o politicamente correcto. Algo que non ten xustificación e con graves consecuencias para os viciños e que afecta gravemente a imaxe do noso pobo que ninguén pretenda presentalo como un intento de acoso e derribo a este goberno municipal.
A todo mundo lle gusta sair a hombros e pola porta grande. Pero da praza tamén se pode sair pola porta da enfermería e por esa porta pódese sair con feridas na espalda cando se escapa por cobardía do touro ou pola valentía de facerlle frente a súa embestida
Pouco queda para as próximas eleccións municipais pero a este goberno pareceralle unha eternidade, sin indicios de pretender solucionar este desaguisado, con tres dos catro membros do goberno municipal imputados.
¿Non se dá de conta este goberno que posiblemente por esta situación estan vostedes esquecéndose de coidar a finca que os viciños lle encomendaron o seu coidado?. A sensación de deixadez e abandono é tan patente que é inadmisible. Reflexionen, porque non lle esiximos moito: só un mínimo de autocritica e responsabilidade. Deixenlle polo menos aos viciños a esperanza de futuro nesta institución municipal.
Agardamos que esta renuncia se materialice coa maior brevidade posíbel e fagan efectivo o traspaso das súas responsabilidades de goberno ás persoas da súa candidatura que os sustituan.
Para rematar decirlles que desexamos que a decisión xudicial lles sexa favorable porque é bó para vostedes, súas familias e amigos e para seu pobo.
Por todo o exposto, o grupo municipal do BNG solicita do Pleno da Corporación Municipal a adopción do seguinte
ACORDO
Instar á dimisión dos tres membro do equipo de goberno polas súas imputacións, pola desconfianza dos veciños e veciñas coas persoas imputadas que posúen cargos públicos no noso concello e coa imaxe da institución municipal e para que,podan exercer a súa defensa sen comprometer a xestión cotiá do noso concello.